Asistente de elementos de grupo
O asistente de elementos de grupo iníciase automaticamente ao inserir unha caixa de grupo nun documento.
Asistente de elementos de grupo: Selección de campo predefinido
Determina que se vai seleccionar un campo de opción como predefinido.
Asistente de elementos de grupo: Valores de campo
Atribúe un valor de referencia a cada campo de opcións.
Asistente de elementos de grupo: Campo de base de datos
Esta páxina é visíbel se está ligada a unha base de datos. Especifica se os valores de referencia deben gardarse na base de datos.
Asistente de elementos de grupo: Crear grupo de opcións
Especifica unha etiqueta para o grupo de opcións.
Volver
Observe a selección realizada na caixa de diálogo anterior. Non se alterou a configuración. Este botón só se poderá activar a partir da páxina dúas.
Seguinte
Prema no botón Seguinte e o asistente usa a configuración do diálogo actual e continúa para o paso seguinte. Se estiver no derradeiro paso, este botón tórnase Crear.
Crear
Crea o obxecto.